cinámico -ca
cinámico -ca
(< cinamomo + -ico)
-
adx
Relativo ou pertencente ao cinamomo.
-
adx
Obtido do cinamomo.
-
ácido cinámico
[QUÍM]
Ácido aromático do que se coñecen dous isómeros; a forma normal é o isómero trans-. Atópase no bálsamo do Perú, de Tolú, no aceite de cinamomo e nas follas de coca.
-
aldehido cinámico
[QUÍM]
Aceite amarelo, co cheiro do cinamomo, obtido por condensación de benzaldehido con acetaldehido; dáse nos aceites de cinamomo de China e Sri Lanka. Emprégase en perfumería.