Cine e Vídeo de Galicia, Xornadas de

Cine e Vídeo de Galicia, Xornadas de
Nome científico: [XOCIVIGA]
[IMAX]

Xornadas de cine promovidas polo Cineclub do Carballiño a partir de 1984 e que se organizan anualmente. A súa orixe foi o interese da dirección xeral de Cultura da Xunta de Galicia por aproveitar o labor que estaba a desenvolver este cineclub coa Semana de Cine. Nelas participaron un gran número de profesionais do sector: actores, directores, produtores, distribuidores, etc. Tamén se proxectaron gran cantidade de películas, curtametraxes, documentais e outras producións relacionadas co mundo da cinematografía.