Cinema Novo
Cinema Novo
[IMAX]
Corrente cinematográfica xurdida nos anos sesenta en Brasil. Os seus antecedentes son a obra crítica de Alex Viany, próxima ao neorrealismo, e os filmes de Nelson Pereira dos Santos. Foi definido teoricamente polo manifesto A estética da fame, de Glaubert Rocha, como un cine do terceiro mundo, popular, revolucionario, que adopta actitudes radicais e anticoloniais.