cinemática

cinemática

(

  1. s f [FÍS]

    Parte da mecánica que estudia os movementos sen ter en conta as causas que os orixinan (forzas, masas), senón que describe a súa xeometría. Segundo o obxecto de estudo fálase de cinemática do punto, do corpo ríxido, do sólido deformable, etc. Na cinemática clásica empréganse os conceptos de espacio e tempo absolutos, no sentido newtoniano, e os sistemas de coordenadas referenciais son inerciais ou galileanos; para pasar dun sistema inercial a outro emprégase o grupo de transformacións de Galileo. Na mecánica relativista emprégase un espazo ficticio tetradimensional, o espacio de Minkowski; para pasar dun sistema coordenado de referencia a outro cómpre utilizar o grupo de transformacións de Lorentz. Os estados posibles dun sistema cuántico represéntanse como vectores dun espazo de Hilbert. Denomínase tamén xeometría do movemento.

  2. cinemática naval [MAR]

    Estudio dos movementos dun ou máis barcos en relación co barco propio.

Palabras veciñas

cinemascope | cinemat(o)- | cinemateca | cinemática | cinemático -ca | cinemato- | cinematografar