cinerita

cinerita

(< lat cinis -eris ‘cinsa’ +-ita)

s f [XEOL]

Cinsa volcánica consolidada por aglutinación dos seus elementos, en medio aéreo ou acuoso, ata adquirir unha certa cohesión e, ás veces, xistosidade. É branca ou gris, de gran moi fino e polo xeral exfoliable. A miúdo presenta impresións vexetais.