cingalés -sa
(< cingalés sinhala ‘linguade Sri Lanka’)
-
adx
Relativo ou pertencente a Sri Lanka, antiga Ceilán.
-
s
[ETN/HIST]
Individuo do grupo étnico maioritario en Sri Lanka, antiga Ceilán.
-
s
[ETN/HIST]
Pobo oriúndo da India que conquistou Sri Lanka cara ao 550 a C desprazando a poboación local, os veddas. Ocupa a rexión central e meridional de Sri Lanka e as illas Maldivas. Distribúense polas terras baixas e dedícanse ao comercio, á agricultura e á pesca. Posúen un considerable desenvolvemento cultural. En Sri Lanka constitúen a maioría da poboación (73,9 %) e están enfrontados coa poboación támil, de relixión hinduísta e chegados do S da India durante a ocupación británica. Os conflitos desencadeáronse con virulencia despois da independencia, acadada no 1948, cando o Partido da Liberdade (procingalés) e os socialistas radicais acadaron a vitoria e estableceron como lingua oficial da administración e da universidade o cingalés. Os támiles opuxéronse e asasinaron o primeiro ministro Bandaranaike en setembro de 1959, pero o partido continuou no goberno ata 1977 cunha política de educación e emprego procingalés. O conflito étnico acentuouse polo deterioro económico que experimentou a poboación támil na década dos setenta e radicalizouse no movemento separatista dos Tigres de Liberación do Eleam Tamil (LTTE) que buscan a independencia da provincia setentrional. O goberno cingalés combateu sen éxito e con dureza este movemento secesionista dende 1983. En Sri Lanka practican a relixión budista na súa variante hīnayāna pero nas Maldivas son de relixión musulmana.
-
s
m
[LING]
Lingua da familia indoeuropea pertencente ás linguas indoarias. É a lingua oficial de Sri Lanka (aínda que só a fala o 75% da poboación, principalmente na metade sudoccidental). Os primeiros testemuños escritos do cingalés datan do s XIII. A partir deste momento a lingua literaria foise separando progresivamente da lingua coloquial.
Sinónimos: sinhala.