circunflexo -xa
(
-
adx
-
Que ten forma de arco.
-
[ANAT]
Aplícase á arteria ou ao nervio con forma de arco.
-
-
adx e s
m
[LING]
Aplícase ao acento gráfico en forma de uve invertido (^) empregado nalgunhas linguas, como o portugués (português, vês) ou o francés (château, bientôt), para indicar contracción, lonxitude ou valor diacrítico
-
adx e s
m
[LING]
Aplícase ao acento musical do grego antigo consistente nun ton crecente seguido dun ton decrecente, e que se representa graficamente cun til (?) colocado sobre a vogal correspondente. Ex: δ8μος.
Ex: d8µ??.
-
adx
[LIT]
Aplícase ao verso caracterizado por unha melodía que consta dunha primeira parte ascendente, seguida doutra descendente, divididas por unha cesura, que marca o clímax. Constitúe un resto do verso primitivo, salmodiado ou cantado. O signo que representa o acento circunflexo (^) simboliza a curva melódica da fórmula. OBS: O x pronúnciase [ks].