Ciskei
Ciskei
Antigo bantustán da República de Sudáfrica, incluído dentro da provincia sudafricana do Cabo, limitado ao S polo Océano Índico (8.500 km2; 862.000 h [1991]). A capital era Bisho (2.850 h [1986]). Convertido en bantustán autónomo en 1972, foi o cuarto en alcanzar unha independencia pactada co goberno sudafricano (1981), aínda que non foi recoñecida pola ONU. Coa abolición do apartheid, a supresión dos bantustáns e a aprobación dunha nova Constitución (1993), anexionouse á nova provincia do Cabo Oriental, malia a resistencia do goberno do territorio.