Cisneros

Cisneros
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe leonesa oriúnda de Cisneros, en Palencia, e procedente do infante Paio Froila o Diácono, neto do Rei Froila II de León. Os seus descendentes foron señores da vila de Cisneros e tomaron o seu nome por apelido. En Galicia asentáronse no Pazo de Ximonde, en Vedra; no Pazo de Anzobre, en Arteixo; e en Freixeiro, Santa Comba. As súas armas levan escudo axadrezado de quince pezas, oito de ouro e sete de goles.