cisticerco
cisticerco
(
s
m
[ZOOL]
Estado larval do ciclo evolutivo da tenia e doutros cestodos, posterior á oncosfera e anterior ao individuo adulto. Represéntase por unha pequena vesícula, de poucos milímetros, que se aloxa no tecido muscular do porco e orixina a triquinose. O cisticerco queda, neste estado, envolto por unha cuberta de tecido conxuntivo. A súa membrana interna invaxínase e forma o escólex. O ciclo evolutivo continúa se o anaco infectado resulta inxerido, en estado cru ou pouco cociñado, por un humano ou por outro hóspede axeitado.