cistite
cistite
(
s
f
[PAT]
Inflamación aguda ou crónica da vexiga dos ouriños, xeralmente de orixe bacteriana (colibacilos, estafilococos, estreptococos e bacilo de Koch). Clinicamente, preséntanse tres síntomas cardinais: micción frecuente (polaciuria), evacuación vesical difícil ou dolorosa (disuria) e presenza de pus nos ouriños (piuria). Na inflamación crónica, a sintomatoloxía subxectiva non adoita ser tan pronunciada e a miúdo falta por completo.