citocromo
(
-
s
m
[BIOQ]
Heteroproteido presente en todos os organismos aerobios, que posúe un grupo prostético porfirínico con ferro e que é susceptible de intervir en sistemas redox mediante as variacións reversibles do estado de oxidación deste ión metálico. Actúa fisioloxicamente en procesos de oxidación-redución que teñen lugar no interior da célula. A concentración de citocromo nas células, onde se acumulan basicamente nas mitocondrias, está relacionada coa súa actividade respiratoria. Hai tres tipos de citocromos: o citocromo a, o citocromo b e o citocromo c, que se diferencian polos substituíntes do grupo hemo. Serven para o transporte de electróns nas cadeas respiratorias e a súa enerxía emprégase para a síntese de compostos de elevada enerxía de enlace, como o ATP.
-
citocromo oxidase
[BIOQ]
Enzima hemoproteínico que, no último elo da cadea respiratoria, fai de ponte na transferencia de electróns dende os citocromos c ata o osíxeno molecular.