citronela
citronela
s
f
[PLANTA]
Herbácea do xénero Cymbopogon da familia das poáceas. Presenta un pequeno bulbo do que se extrae un aceite que contén citral, elemento empregado en perfumería e como saborizante alimentario, con propiedades carminativas e sedantes. As especies C. citratus e C. nardus, orixinarias de Asia tropical, cultívanse en áreas tropicais de África, Australia e no S de Norteamérica.