cizalla

cizalla

(< fr cisaille)

  1. s f
    1. Tipo de tesoira grande utilizada para cortar pranchas de metal en frío. OBS: Emprégase xeralmente en plural.

      Ex: Houbo que buscar unha cizalla para cortar as portas do coche e sacar o condutor.

      Sinónimos: cisalla.
    2. Instrumento formado por un brazo móbil provisto dunha coitela, suxeito a un taboleiro e que, segundo o seu tamaño, serve para cortar metal, cartón, papel ou outros materiais.

      Ex: Corta as fotos coa cizalla para que che queden rectas.

      Sinónimos: cisalla.
    3. [TECNOL]

      Máquina empregada para cortar pranchas metálicas en frío. A cizalla de guillotina está constituída por unha sólida bancada provista de guías, polas que se move unha potente coitela. Na cizalla circular a parte cortante está constituída por dúas rodas superpostas, co extremo en forma de bisel, que xiran en sentido contrario.

      Sinónimos: cisalla.
    4. [MED]

      Tesoiras utilizadas en cirurxía para cortar ósos. OBS: Emprégase xeralmente en plural.

      Sinónimos: cisalla.
  2. s f

    Conxunto de retallos de metal.

    Sinónimos: cisalla.
  3. zona de cizalla [XEOL]

    Franxa longa e estreita de rochas intensamente deformadas, situada entre dous bloques indeformados de rocha, producida polo movemento relativo dun respecto do outro. As rochas resultantes do proceso, denominadas milonitas, teñen o gran fino e presentan unha foliación moi ben desenvolvida.

Palabras veciñas

civro | CIX | Cixous, Hélène | cizalla | cizallamento | cizallar | Cízico