clavicordio
(
Instrumento de corda percutida moi utilizado dende o s XV ata o s XVIII. Derivado do monocordio, o son prodúcese pola percusión dunhas placas metálicas, denominadas tanxentes, sobre as cordas situadas no interior dunha caixa rectangular e dispostas perpendicularmente ao teclado que acciona as tanxentes. O número de cordas é xeralmente inferior a dez e cada unha delas produce máis dunha nota, segundo o punto onde se toca. A causa da súa sonoridade, moi suave, destinouse exclusivamente ao estudo e ás audicións privadas, pero apreciouse polas súas posibilidades expresivas, superiores ás do clavecín e ás do órgano. No s XVII o número das teclas chegou ás 45. No s XVIII construíronse os chamados independentes, cunha corda para cada tecla, e cara a finais deste século o piano desprazouno definitivamente. Carl Philipp Emanuel Bach, eloxiou as súas calidades no tratado Versuch über die wabre Art das Clavier zu spielen (Ensaio sobre a verdadeira maneira de tocar o clave, 1753-1762).