clavulánico, ácido
clavulánico, ácido
Nome científico:
[C<sub> 8</sub> H<sub> 9</sub> NO<sub> 5</sub> ]
[QUÍM]
Substancia oleosa producida polo lévedo da especie Streptomyces clavuligerus que se illa do filtrado do cultivo destes microorganismos en forma de sal sódico. É un antibiótico inhibidor das β-lactamases, enzimas que diminúen a actividade antibiótica das penicilinas e das cefalosporinas. Emprégase sempre en combinación con outros antibióticos como a amoxicilina ou a ampicilina.