clic

clic

(< voz onomatopeica)

    1. s m

      Ruído que representa un son seco, tenue e breve. Ex: Escoitouse un clic cando pechou o broche.

      Ex: Escoitouse un clic cando pechou o broche.

    2. interx

      Onomatopea empregada para representar un son seco, pouco intenso e breve. Ex: Cada vez que premes o pulsador emite un forte clic.

      Ex: Cada vez que premes o pulsador emite un forte clic.

  1. [LING]
    1. s m

      Son especial, non pulmonar, que se fai coa lingua ou os labios e que se caracteriza por unha dobre oclusión: unha principal, que pode ser palatal, labial ou dental, e unha secundaria, sempre velar. Dá como resultado un estoupido característico, diferente segundo o lugar da oclusión principal. Deste xeito, o son producido por un bico é un clic labial, o de arrear un cabalo é lateral, o producido para demostrar desacordo co que di alguén é palatal, etc. Nas linguas europeas é frecuente escoitar sons clics illados, que equivalen a sons con significado pero que non forman parte do sistema de vocais e consoantes. Non obstante , noutras linguas os clics utilízanse como consoantes.

    2. lingua clic

      Lingua na que é característico o uso do clic. As linguas clic máis coñecidas son as linguas dos sur de África. Dentro delas, cómpre destacar o cungo (con máis de 48 clics), o khoikhoi (con 4 ou 5 clics) e o san (con ata 9)

  2. s m [INFORM]

    Acción resultante despois de pulsar brevemente o botón do rato ou un dispositivo similar e que, se se utiliza unha ou máis veces repetidamente, serve para indicarlle a un ordenador unha orde a executar.