Clitemnestra

Clitemnestra
[MIT]

Personaxe do ciclo lendario de Argos, filla de Tíndaro e Leda. Primeiro casou con Tántalo, pero Agamemnon matou o seu marido; perseguido polos Dióscuros, irmáns da viúva, viuse na obriga de casar con ela. Durante a súa ausencia na Guerra de Troia, Existo namorouse de Clitemmestra e ambos asasinaron a Agamemnon cando regresou a Argos. Sete anos despois, o seu fillo Orestes, inducido pola súa irmá Electra -quen fora encerrada nun calabozo por orde da súa nai-, inmola a Clitemnestra en vinganza pola morte de seu pai.

Palabras veciñas

Clitarco de Alexandría | clitelado -da | clitelo | Clitemnestra | Clitias | clítico -ca | Clitocybe