clon

clon

(< grκλών  ‘gromo, póla’)

  1. s m [BIOL]

    Conxunto de células ou organismos orixinados por multiplicación asexual a partir dun único proxenitor. Todos os individuos dun clon teñen, xa que logo, unha mesma dotación cromosómica, agás eventuais mutacións que se poidan producir nalgún. Son exemplos de clons naturais os cultivos bacterianos obtidos tras pasar por un banco de dilucións, as liñas puras de plantas autógamas, os bacelos obtidos dun só pé, os rotíferos nacidos por partenoxénese da mesma femia ou os grupos de células procedentes dunha única célula nai mediante un cultivo tisular. Tamén se poden obter clons artificiais no laboratorio co emprego das modernas técnicas de bioloxía molecular.

  2. s m [XEN]

    Conxunto de moléculas idénticas de ADN, a miúdo orixinadas por recombinación, que proceden dunha ancestral.

Palabras veciñas

Clodoveo II | clofibrato | clomifeno | clon | clonación | clonar | clonazepam