cloranfenicol
cloranfenicol
Nome científico:
[2,2-dicloro-N-[2-hidroxi-1(hidroximetil)-2-(4-nitrofenil)etil]acetamida:C<sub> 11</sub> H<sub> 12</sub> Cl<sub> 2</sub> N<sub> 2</sub> O<sub> 5</sub> ]
s
m
[QUÍM]
Antibiótico que se obtén por fermentación aeróbica do lévedo da especie Streptomyces venezuelae ou por síntese orgánica na súa estrutura. A OMS recomenda que se limite o seu uso ao tratamento das infeccións intestinais de orixe tífica, xa que pode producir transtornos hemáticos graves, como a agranulocitose. A súa acción interfire na síntese proteica das bacterias. Tamén se coñece como cloromicetina.