clorhídrico -ca
clorhídrico -ca
(
-
adx
Que contén ácido clorhídrico.
-
ácido clorhídrico
[QUÍM]
Solución acuosa do cloruro de hidróxeno. Trátase dun líquido fumeante que, en presenza de ferro, adquire unha cor amarelada. As solucións concentradas conteñen unha proporción do 38% de HCl. Segregado polas células parietais da mucosa gástrica, forma parte dos zumes dixestivos e facilita a acción da pepsina. Aplícase, industrialmente, na neutralización de sistemas básicos e como hidrolizante de proteínas, e en medicina, en casos de hipoclorhidria, diluído ao 10%.