cloritoide

cloritoide

(

s m [MINERAL]

Silicato alumínico de ferro, magnesio e manganeso, de fórmula (Fe,Mg,Mn)2(AlFe+3)Al3O2 SiO4(OH)4. Cristaliza no sistema monoclínico. É moi semellante ao grupo das cloratitas tanto pola súa cor e composición coma pola súa estrutura en follas. Encóntrase case sempre en forma de masas compactas, follas ou escamas. De cor verde ou verde escura, a súa dureza é 5,56 e a súa densidade é 3,52-3,56.

Palabras veciñas

clorítico -ca | cloritización | clorito | cloritoide | cloro | cloro- | cloroapatita