cnidocito

cnidocito

(< cnido- + -cito)

s m [BIOL]

Célula urticante característica dos cnidarios, que ten unha función ofensiva e defensiva. Distínguese, ademais do núcleo e do citoplasma, o nematocisto, composto dunha cápsula que contén un líquido urticante e un filamento enrolado no seu interior. O contacto cun corpo estraño fai que se desenrole o filamento e que, por un buraco que hai no extremo, lle inxecte o líquido urticante á presa ou ao atacante.

Palabras veciñas

cnido- | cnidoblasto | cnidocisto | cnidocito | Cnidos | cnidosporídeo -a | CNN