coadxuvante
(
-
adx e s
Que ou quen coadxuva.
-
adx
[BIOQ]
Que coopera na acción doutros axentes.
-
adx e s
[DER]
Persoa que intervén nun proceso xudicial, sen ser chamado inicialmente como parte demandante ou demandada, e que ten un dereito ou interese lexítimo que poden resultar afectados pola sentencia.
-
s
m
[MED]
Fármaco que contribúe, nunha prescrición, á eficacia do medicamento principal.
-
s
m
[QUÍM]
Substancia útil na elaboración de praguicidas, tales como tensoactivos, fluidificantes, estabilizantes e outros que teñen a capacidade de modificar axeitadamente as propiedades físicas e químicas das materias activas. Hainos de tres clases: os coadxuvantes activos, que amplifican a actividade biocida da materia activa, os coadxuvantes que reducen as perdas de produto na aplicación, debidas ao vento, á chuvia, etc, e os coadxuvantes de comodidade, que producen rendementos maiores na manipulación dos produtos. Tamén están os emulsionantes, os dispersantes, os estabilizantes e os colorantes que evitan a confusión con produtos alimentarios.
-
coadxuvante tecnolóxico
[QUÍM/ALIM]
Substancia ou materia que non se consome como ingrediente alimentario por ela mesma e que se emprega na elaboración das materias primas, alimentos ou os seus ingredientes.