coandro

coandro

(< lat coriandrum < grκορίανδρον)

Nome científico: [Coriandrumsativum, Fam das apiáceas]
s m [PLANTA]

Herba anual, glabra, de ata 50 cm de altura, algo fétida, con follas compostas, as superiores cos folíolos lineares, e flores brancas dispostas en umbelas. Os froitos secos son aromáticos e empréganse como condimento e na fabricación de licores. É semellante ao pirixel, aínda que resulta máis intenso e penetrante. As variedades máis apreciadas son a rusa e a marroquí. Emprégase na elaboración de embutidos e na condimentación de carnes, sopas, salsas, etc, así como aromatizante de determinadas bebidas alcohólicas. Moi usado nas cociñas india e chinesa, utilizábana os gregos e os romanos para a elaboración do pan e é unha das herbas amargas que consumían os xudeus durante a Pascua. Dos froitos maduros e das sementes da mesma planta obtense un aceite esencial doce e aromático, que se usa como saborizante.

Sinónimos

Palabras veciñas

coañadeira | coañar | Coañar | coandro | coañeira | coaño | Coaño