Cóbadas, pazo das
Cóbadas, pazo das
Situado en Sorrizo (concello de Arteixo), ten planta en forma de L con dous corpos rectangulares. No exterior destaca un balcón en ángulo. A portada principal está formada por un arco de medio punto no que se conservan dous escudos. Un deles, da época fundacional da casa, presenta as armas dos Rioboo, Villardefrancos, Castro e Figueroa, pois na segunda metade do s XVI pertenceu a Pedro Rioboo Villardefrancos e a Leonor Varela de Andrade. O segundo escudo pertence á época barroca e amosa as armas dos Bermúdez de Castro, Lobera, Caamaño, Andrade, Rioboo, Villardefrancos e Varela.