Cobelo
-
[ONOM]
ariante gráfica do apelido galego Covelo, grafado cun -b- non etimolóxico. Diminutivo correspondente ao apelido galego Covo, ten unha orixe toponímica. Documéntase no s XII: “Garsias Fernandi de Cubellus” (doc ano 1182 en E. Rivas Quintas, Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 550), “Maria Nunez do Couello” (doc ano 1292, M. Lucas Álvarez/P. P. Lucas Domínguez, San Pedro de Ramirás. Un monasterio femenino en la Edad Media. Colección diplomática, 1988, p 441). Unha variante fonética deste apelido é Cuvelo. A mesma orixe presentan as formas en plural Covelos e Cuvelos.
-
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que leva como armas, en campo de azul, dúas bandas de ouro, acompañadas de tres estrelas do mesmo metal, unha en cada oco; bordo de goles, con oito aspas de prata. Outra variante leva, en campo de ouro, un martelo de sable, posto en pao.