1 coca
(
-
s
f
[PLANTA]
Arbusto de ata 3 m de altura, de cortiza abrancazada, follas elípticas semellantes ás da laranxeira, flores amarelas e froitos drupáceos. Propio dos Andes bolivianos e peruanos, cultívase tamén no Cono Sur e no sur e sueste asiático polas súas follas, que son estimulantes e narcóticas por mor dos alcaloides (entre eles a cocaína) que conteñen. Os indios andinos mascan as follas rebozadas de cinza ou cal cando teñen que soportar esforzos físicos extraordinarios. Das follas secas obtense un extracto ou aceite esencial que, purificado da cocaína e doutros alcaloides, se utiliza como saborizante en bebidas non alcohólicas xunto coas noces de cola.
-
s
f
[BIOQ]
Grupo de alcaloides (1 - 1,5%) que se extraen das follas da coca, quimicamente derivados da ecgonina. Utilízanse como anestésicos locais e son estupefacientes. O máis coñecido, e case o único que se emprega, é a cocaína.