coccidiose

coccidiose

(< coccidio + -ose)

s f [PAT]

Doenza parasitaria producida por coccidios, especialmente dos xéneros Efimeria e Isospora, que se manifesta pola aparición de diarreas, con frecuencia hemorráxicas, anemia e perda de peso. Aféctalles, sobre todo, a animais novos de gando bovino e ovino, galiñas e coellos. Excepcionalmente, pode contraela o ser humano ao inxerir carne pouco cociñada de animais infectados.