coccinélido -da

coccinélido -da

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos coccinélidos.

  2. s m [ANIMAL/ENTOM]

    Insecto da familia dos coccinélidos.

  3. s m pl [ANIMAL/ENTOM]

    Familia de coleópteros polífagos que abrangue individuos pequenos ou medianos, de corpo plano por debaixo e abombado por riba. Os adultos son diúrnos, voadores regulares, de cor escura, sobre a que resaltan manchas de cores vivas, de forma e número variables. Tanto a maioría das larvas como os adultos son grandes devoradores de afídidos e cóccidos, polo que se empregan na tratamento biolóxico destas pragas. Os representantes típicos da familia son as xoaniñas.