Coccosteus
Coccosteus
[PALEONT]
Xénero de peixes da clase dos acantodios, de ata 40 cm de lonxitude, coa cabeza e a parte dianteira do corpo cuberta por unha coiraza de placas ríxidas pero articuladas e o resto do corpo sen escamas. Eran predadores veloces e preeiros dos fondos mariños. Os xacementos máis importantes están en Europa e América do Norte.