coche

coche

(< húngaro kocsi ‘carruaxe’)

  1. s m [TRANSP]

    ehículo de catro rodas, xeralmente tirado por cabalos, empregado para transportar viaxeiros.

    Ex: Do coche tirado por cabalos baixou unha fermosa dama.

    Sinónimos: carruaxe.
  2. s m [TRANSP]

    ehículo de catro rodas movido pola acción dun motor, destinado a transportar un número reducido de pasaxeiros.

    Ex: Mercou un coche porque tiña que desprazarse para ir ó traballo.

    Sinónimos: automóbil.
  3. [TRANSP]
    1. s m

      agón dun tren de pasaxeiros. Ex: Viaxo sempre no coche de non fumadores porque non aturo o tabaco.

      Ex: Viaxo sempre no coche de non fumadores porque non aturo o tabaco.

    2. coche cama

      agón dividido en compartimentos e provisto de camas para durmir os pasaxeiros. Ex: Malia viaxarmos en coche cama non fomos quen de durmir.

      Ex: Malia viaxarmos en coche cama non fomos quen de durmir.

  4. coche de liña

    Autobús de liña regular para o transporte de viaxeiros entre dúas ou máis poboacións. Ex: Tiven que erguerme ás sete para poder coller o coche de liña.

    Ex: Tiven que erguerme ás sete para poder coller o coche de liña.

  5. coches de choque

    Atracción de feira na que pequenos vehículos accionados por medio de corrente eléctrica escorregan por unha plataforma e chocan uns cos outros. Ex: Mercámoslle dúas fichas ao neno para que poida montar nos coches de choque.

    Ex: Mercámoslle dúas fichas ao neno para que poida montar nos coches de choque.

Palabras veciñas

cochaino -na | cochamea | cochar | coche | cochechas | cóchegas | cocheira