Cochlicella
Cochlicella
[ANIMAL]
Xénero de gasterópodos terrestres de cuncha cónica que presenta unha coloración e, ás veces, bandas máis escuras. En Galicia están presentes, en praias e dunas, as especies C. acuta, coa cuncha alongada de ata 25 mm de lonxitude; C. barbara, coa cuncha ancha na base e ata 12 mm de lonxitude; e C. conoidea, coa cuncha moi ancha na base e ata 8 mm de lonxitude.