codón
codón
(
-
s
m
[XEN]
Secuencia de tres unidades de nucleótidos do ADN ou do ARN que codifica un aminoácido particular ou que sinala o comezo ou a finalización da mensaxe xenética.
-
s
m
[XEN]
Secuencia de tres nucleótidos do ARN mensaxeiro, no que se transcribe a secuencia orixinal do ADN.
-
codón iniciador
[XEN]
Codón do ARN mensaxeiro (AUG e GUG) que marca o inicio da síntese de polipéptidos ou tradución.
-
codón modulador
[XEN]
Codón responsable directa ou indirectamente do control da frecuencia coa que se transcriben os cistróns.
-
codón de terminación
[XEN]
Codón do ARN mensaxeiro (UAA, UAG e UGA) que marca a finalización da síntese dunha cadea polipeptídica.