Coeliobriga
Coeliobriga
Oppidum ou vila dos coelernos. Tradicionalmente, identificábase con algún dos castros da parte media ou alta do río Cávado (Portugal) ou da desembocadura do Douro. Non obstante , trala aparición no ano 1970 dunha tésera de hospitalidade no castro de Castromao (Celanova), identifícase co mesmo Castromao.