Coenza
Coenza
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que leva como armas, en campo de azul, dous bastóns de ouro, dereitos e postos en faixa, arrimados de seis vieiras de prata, tres a cada lado e colocadas en pao; bordo de goles, con dez aspas de ouro. Outra variante trae, en campo de azul, dous báculos de ouro, arrimados de seis vieiras de prata, tres a cada lado e colocadas en pao; bordo de goles, con dez aspas de ouro.