cognitio*
cognitio*
s
f
[LIT]
Na preceptiva aristotélica perfílase como un dos obxectivos das artes teóricas, orientado cara á contemplación dunha realidade determinada. Implica o simple coñecemento do obxecto, fronte á aestimatio ou xuízo da súa esencia. Na narración, a cognitio relaciónase coa claridade do texto, necesaria para unha correcta comprensión.