Coimbra
Coimbra
Distrito de Portugal, situado na rexión da Beira Litoral, nos contrafortes da serra da Estrela, preto do cabo Mondego (3.971 km2; 421.350 h [estim 1998]). A capital é Coimbra (147.722 h [1991]). As principais actividades económicas son a agricultura (trigo, millo e patacas) e a gandería (lanar e vacúa). As actividades industriais céntranse no sector téxtil e papeleiro. As principais aglomeracións urbanas son a capital e Figueira da Foz (26.375 h [1991]).