coitelo
(
-
s
m
Utensilio consistente nunha folla, normalmente de metal, cun só fío de corte e cun mango de madeira, metal ou doutro material, que se emprega para cortar, picar, trinchar, escamar, mechar, etc. Na tradición oral recóllense ditos como: “O coitelo que non corta con poñerlle o dedo abonda. O mal coitelo non corta na carne e corta no dedo. Coitelo que non corta, que se perda pouco importa”. Ex: Este coitelo de cociña hai que afialo de novo porque xa non corta.
Ex: Este coitelo de cociña hai que afialo de novo porque xa non corta.
-
s
m
[ARQUIT]
-
Cada un dos triángulos formados por dous pares e un tirante que hai na armadura dunha cuberta.
-
Estrutura vertical dunha cimbra.
-
-
coitelo de sílex
[ARQUEOL]
Peza lítica tallada de forma alongada que presenta un bordo con retoque cortante mentres que o oposto conserva o córtex.
Refráns
- Coitelo que non corta, que se perda pouco importa.
- Gábate, coitelo, que a vender te levo.
- O coitelo que non corta con poñerlle o dedo abonda.
- Un mesmo coitelo párteme o pan e córtame o dedo.