colaborador -ra
(< colaborar)
-
adx e s
Que ou quen colabora. Ex: Os mestres colaboradores apoiaron o proxecto. Os colaboradores da Cruz Vermella participaron na organización do concerto.
Ex: Os mestres colaboradores apoiaron o proxecto. Os colaboradores da Cruz Vermella participaron na organización do concerto.
-
s
Persoa que colabora nun xornal ou revista, aínda que sen pertencer ao seu cadro de persoal. Ex: O colaborador asinou un novo artigo para a Revista Galega do Ensino.
Ex: O colaborador asinou un novo artigo para a Revista Galega do Ensino.
-
s
Persoa que realiza traballos para unha empresa, sen formar parte do seu cadro de persoal. Ex: O colaborador da empresa de pneumáticos non está contento co trato que recibe.
Ex: O colaborador da empresa de pneumáticos non está contento co trato que recibe.