1 colar

1 colar

(

  1. s m

    Adorno, de distintos materiais, que se coloca arredor do pescozo. Ex: Regaleille un colar de ouro polo seu aniversario.

    Ex: Regaleille un colar de ouro polo seu aniversario.

  2. s m

    Correa de coiro ou doutros materiais que se pon arredor do pescozo de certos animais.

    Ex: O can tirou con tanta forza que rompeu o colar novo.

  3. s m

    Peza circular e axustable de plástico ou espuma que, en casos de lesión nas vértebras cervicais, se coloca arredor do pescozo para mantelo inmobilizado.

    Sinónimos: minerva.
  4. s m pl

    Bordos dobrados da parte dianteira de certas pezas de vestir, como abrigos, camisas ou chaquetas.

    Ex: Tes unha mancha nos colares da chaqueta.

    Confrontacións: lapela, solapa.
  5. s m [BÉL]

    Peza do arnés do cabalo, xeralmente de malla, empregada no s XV, que servía para protexer o pescozo do animal.

  6. s m [ZOOL]

    Mancha anular situada arredor do pescozo na plumaxe ou pelame dun animal.

  7. s m [ENTOM]

    Expansión membranosa lobulada do protórax dalgúns insectos.

  8. s m [TECNOL]

    Cabeza da biela que forma unha chumaceira de gran diámetro que contén no interior unha excéntrica xiratoria.

  9. s m [TECNOL]

    Peza en forma de anel circular ou semicircular, empregada para apertar un obxecto ou para suxeitalo a outros, manténdoos unidos estreitamente entre eles.

  10. colar citoplasmático [BIOL]

    Estrutura en forma de funil que envolve a base dos flaxelos nalgunhas crisofíceas, nos coanoflaxelados e nos coanocitos das esponxas. No microscopio electrónico aparece formado por un conxunto de filamentos citoplasmáticos reunidos parcialmente entre eles.

  11. colar de tiras [PREHIST]

    Colar en forma de láminas rectangulares que na parte central se decora con franxas repuxadas. Pechábase a través dun fío que pasaba por uns pequenos buracos situados na parte superior ou dobrando os extremos. Característicos da época calcolítica, entre os conservados en Galicia destacan os do monte dos Mouros (Melide), Cícere (Santa Comba) e Agolada.

  12. colar periesofáxico [ZOOL]

    Parte da cadea nerviosa ganglionar de moitos invertebrados que envolve a porción anterior do tubo dixestivo.

Palabras veciñas

colanxite | colapsar | colapso | 1 colar | 2 colar | colargol | colariño