Colección Libredón

Colección Libredón
[PUBLIC]

Revista subtitulada “Órgano del Centro Gallego de Santander” que apareceu en xullo de 1956. Dirixiuna José Carballeira e, posteriormente, Xosé Leyra. Incluía artigos, información sobre o centro e poesías. Redactouse en castelán agás algúns poemas de Pura Vázquez e Victoriano Taibo, ou a lenda “A raíña Lupa”, de Leandro Carré. A partir de 1979 a produción en galego adquiriu certa relevancia e nela incluíuse unha recensión do libro de Rosalía de Castro Entre a poesía e a política, o himno galego, poemas e relatos, debuxos de humor de Castelao e diversos artigos sobre o Día das Letras Galegas. Entre os colaboradores figuran Pedro X. Blanco, Filgueira Valverde e Alonso Montero.