colecta

colecta

(< lat collecta ‘contribución’)

  1. s f
    1. Recollida de donativos, especialmente con algún fin benéfico. Ex: A colecta para o equipo de fútbol vai ser mañá.

      Ex: A colecta para o equipo de fútbol vai ser mañá.

    2. Cantidade recollida mediante donativos. Ex: A colecta deste mes non chegou a cinco mil pesetas.

      Ex: A colecta deste mes non chegou a cinco mil pesetas.

    3. [RELIX]

      Recollida de esmolas que se fai na misa ou noutra celebración relixiosa. Apareceu como parte da liturxia da misa cara ao s XII cando se entregaban produtos de primeira necesidade (pan, viño, cera, aceite), que se substituíron posteriormente por achegas de cartos.

  2. s f [RELIX]

    Primeira oración da misa no rito romano que pecha a procesión de entrada. Esta denominación, documentada no s III, indica a pregaria colectiva de todos os presentes.