colectivismo
colectivismo
(< colectivo)
s
m
[ECON]
Sistema político-económico oposto ao capitalismo no que os medios de produción e distribución de bens e servicios están controlados por un colectivo de persoas que, con frecuencia, é o Estado. Apareceu xa nas etapas primitivas dalgúns pobos cunha economía agraria, e algúns destes elementos conserváronse ao longo do tempo, en aspectos como a pervivencia de terras comunais de propiedade colectiva ou o traballo en común dalgunhas terras. O seu corpo teórico non forma un conxunto unitario, pero reivindicárono numerosas utopías políticas. A formulación máis sistemática e, polo tanto, as experiencias prácticas máis globais, están no anarquismo e tamén no socialismo e comunismo modernos.