colesterol

colesterol

(

Nome científico: [C<sub> 27</sub> H<sub> 46</sub> O]
s m [BIOQ]

Principal esterol dos animais. É importante a súa función como elemento estrutural das células, principalmente das membranas plasmáticas e das membranas dos orgánulos celulares. Forma parte das vaíñas mielínicas, das fibras nerviosas e dos eritrocitos, e encóntrase principalmente no tecido nervioso. É insoluble en auga e pouco soluble en alcohol frío. Sintetízase no fígado a partir de acetil-CoA. O colesterol é o esteroide principal do que derivan os demais esteroides do organismo. O seu metabolismo é esóxeno e endóxeno. O colesterol esóxeno procede dos alimentos (xema de ovo, graxas animais, etc) e absórbese no intestino delgado en presenza de bile, ácidos, graxas e zume pancreático, necesario para a súa emulsión e solubilización. O colesterol endóxeno sintetízase no fígado e noutros tecidos, e hai unha relación inversa entre a síntese e a inxestión dietética do colesterol, de xeito que un nivel elevado de colesterol plasmático inhibe a síntese de colesterol. É o precursor das hormonas esteroides e dos ácidos biliares. Existen dúas formas de colesterol, o libre e o esterificado, e resulta interesante a súa determinación e a relación entre eles, sobre todo para o coñecemento do funcionamento hepático. O colesterol revela alteracións moi diversas non relacionadas coa ateromatose, principalmente enfermidades de tipo endocrino, renais e hepáticas. Recentemente, desenvolveuse a fabricación de comidas con menos colesterol, que se extrae mediante o uso de dióxido de carbono e a exposición da comida a altas presións e temperaturas.

Sinónimos