colexial -la
(< lat collegiāle)
-
adx
Relativo ou pertencente ao colexio. OBS: Como adxectivo mantense invariable para os dous xéneros. Ex: O acordo colexial decidiu realizar varios proxectos novos. Existe unha disciplina colexial que se debe respectar.
Ex: O acordo colexial decidiu realizar varios proxectos novos. Existe unha disciplina colexial que se debe respectar.
-
[RELIX]
-
adx
Relativo ou pertencente ao colexio de cóengos. OBS: Como adxectivo mantense invariable para os dous xéneros.
-
igrexa colexial
Igrexa que ten un colexio de cóengos, pero non é sé episcopal nin arcebispal.
Sinónimos: colexiata.
-
adx
-
s
-
Persoa que estudia nun colexio. Ex: Esas cousas non as volvín estudar desde que era unha colexiala.
Ex: Esas cousas non as volvín estudar desde que era unha colexiala.
-
Estudiante universitario residente nun colexio maior. Ex: Os colexiais de Fonseca percorrían as rúas de Santiago despois da clase.
Ex: Os colexiais de Fonseca percorrían as rúas de Santiago despois da clase.
-
-
s
Persoa tímida e pouco experimentada. Ex: Eses son caprichos de colexiala.
Ex: Eses son caprichos de colexiala.