colexio
(< lat collegĭu‘conxunto de colegas’)
-
-
s
m
Entidade ou persoa moral que se crea por motivos profesionais ou de estudio, constituída por un corpo de persoas con características e intereses comúns e sometidos a un mesmo regulamento.
-
colexio apostólico
[RELIX]
Conxunto dos doce apóstolos. O feito de formar un grupo estable con personalidade propia é a base da doutrina da colexialidade.
-
colexio cardinalicio
[RELIX]
Corpo formado polos cardeais da Igrexa católica.
-
colexio de consultores
[RELIX]
Órgano consultivo formado por algúns sacerdotes membros do consello presbiteral, elixidos libremente polo bispo para que o asesoren.
-
colexio episcopal
[RELIX]
Conxunto de todos os bispos en comuñón co papa. Segundo o Concilio Vaticano II é continuación do colexio apostólico.
-
s
m
-
[EDUC]
-
s
m
Centro de estudio, formación e aprendizaxe en común. A partir do Renacemento indica as experiencias e iniciativas educativas entre profesores e alumnos. Paulatinamente, a partir da posta en marcha dos sistemas educativos dos estados europeos ao longo do s XIX, o número de colexios foi crecendo por influencia do crecemento demográfico, a economía, a valorización crecente das acreditacións escolares, o recoñecemento social da educación, as influencias internacionais e outras razóns. A miúdo os colexios teñen ou tiveron unha pequena ou media dimensión agrupando idoneamente a media ducia de profesores ou menos, segundo o momento histórico, pero tamén se deron casos e circunstancias dunha moi notable agrupación, sendo expoñentes ao respecto algúns colexios de ordes e congregacións relixiosas e, mesmo en Galicia, algúns colexios de educación xeral básica creados durante os pasados anos setenta e primeiros anos oitenta, coñecidos como concentracións escolares. Na súa creación interviñeron tanto as autoridades e as administracións públicas coma a iniciativa privada. A súa ordenación e organización interna, as súas finalidades, a composición humana e o seu alcance educativo e didáctico variou ao longo do tempo. En Galicia existiron e existen moitos colexios pertencentes a diversas modalidades; entre eles destacan os colexios dos xesuítas de Monterrei (1556), de Santiago (1579), de Monforte de Lemos (1593) e de Ourense, Pontevedra e A Coruña creados ao longo do s XVII; o colexio de Orfos de Santiago (1554); o colexio de Latinidade de Viveiro (1597); o colexio de Filosofía dos franciscanos de Pontevedra (1564); o colexio-seminario de Santa Catarina de Mondoñedo (1569); o colexio de Artes de Santo Estevo de Ribas de Sil (1530); os colexios beneditinos e cistercienses de Meira, Montederramo, Samos, Celanova, Lérez e Poio; o colexio dos agostiños de Caión (1537) que ao final do s XVIII sería o da Coruña; o colexio mercedario de Teoloxía de Conxo; o colexio-seminario de Irlandeses de Santiago de Compostela (1605); o colexio dos agostiños de Santiago (1617); o colexio-seminario de Fillas Nobres das beneditinas de San Paio de Santiago (1648); o colexio-estudio xeral dos dominicanos de Santiago (1665); diversos colexios de filosofía dos franciscanos creados ao longo do s XVII; o colexio-seminario de Herbón (1701); o colexio La Enseñanza de Santiago (1759); o Real Seminario de Estudios de Monforte de Lemos (1779); e o colexio de Gardas Mariñas de Ferrol (1776). Outros colexios foron creados e coñecidos como escolas, por exemplo a escola de Náutica da Coruña (1785). No primeiro tercio do s XIX sufriron abondosos cambios, en parte debido aos procesos de exclaustración monástica e de desamortización. Son dos anos trinta e corenta diversos colexios de filosofía e de humanidades, antecedentes dos institutos de ensino medio. A partir do inicio da Restauración creáronse novos colexios, en particular por parte da iniciativa privada e dos emigrantes galegos a América, ademais das escolas públicas; entre eles cómpre citar, o colexio Apóstolo Santiago dos xesuítas en Camposancos, trasladado a Vigo (1916); o colexio dos escolapios en Monforte de Lemos e Celanova; os colexios de La Salle en Santiago, Verín e noutras cidades; os colexios irmáns García Naveira de Betanzos; o colexio de Val Miñor; o colexio Mezquita de Vigo; o colexio León XIII de Vilagarcía; o colexio Matías López de Sarria; o colexio Isabel a Católica da Coruña; o colexio de Abad Conde e Dequidt da Coruña; o colexio xeral e técnico de Ferrol; o colexio de San Agostiño de Vilagarcía (1881); o colexio San Tomé de Ribadeo; o colexio de La Concepción de Vigo; os colexios Labor de Vigo (1932); o colexio maristas de Lugo (1907) e de Tui; diversos colexios da compañía de María, das Fillas da Caridade de san Vicente de Paúl; o colexio laico Froebel da Coruña; as escolas Labaca da Coruña; a escola de Placeres de Marín; o colexio de don Fernando Blanco de Lema de Cee; o colexio Pedro Murias da Devesa (Ribadeo); o colexio Tirso de Molina de Ferrol; o colexio padre Feijoo de Ourense; o colexio dos filipenses de Vilagarcía; e o colexio Trinitarias de Noia. Despois da Guerra Civil española producíronse moitos cambios na xeneralidade dos establecementos de ensino non universitario. Entre os colexios de carácter privado cómpre subliñar, entre outros, os casos de Santa María do Mar da Coruña, o Fingoi de Lugo, o Estudio de Pontevedra, os Paúles de Maceda, o Rosalía de Castro e o Martin Codax de Vigo.
-
colexio universitario
Centro de ensino superior adscrito a unha universidade, no que se estudia o primeiro ciclo de certas facultades ou escolas superiores. A Universidade de Santiago de Compostela contaba, antes da segregación en tres universidades, con colexios universitarios nas cidades de Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo e Pontevedra.
-
s
m
-
[EDUC]
-
s
m
Casa ou edificio do colexio. Ex: O hotel está instalado nun colexio do século XIX.
Ex: O hotel está instalado nun colexio do século XIX.
-
colexio maior
Residencia de estudiantes de ensino superior onde se levan a cabo actividades formativas.
-
colexio menor
Residencia de estudiantes de ensino medio.
-
s
m
-
s
m
[DER]
Corporación de dereito público integrada por persoas pertencentes a unha mesma profesión, xeralmente de carácter liberal, á que lle corresponde a ordenación do exercicio da profesión, a súa representación exclusiva e a defensa dos intereses profesionais dos colexiados, sen prexuízo das competencias das administracións públicas. Os colexios profesionais constitúense para defender os intereses particulares dos colexiados, pero tamén atenden a finalidades de interese público, razón pola que se constitúen como persoas xurídicas públicas. En España, os colexios están integrados por titulados universitarios (avogados, médicos, farmacéuticos, arquitectos, enxeñeiros, etc), e algúns deles con precedentes medievais, aínda que regulados no s XIX. Existen tamén colexios de profesionais (axentes de aduanas, de cambio e bolsa, etc). Nalgunhas profesións, entre outras a avogacía e a medicina, esíxese o carácter de colexiado para o exercicio profesional. As institucións colexiais máis antigas de Galicia son o Colexio Provincial de Avogados da Coruña, que aprobou os seus primeiros estatutos en 1760, aínda que as súas orixes se remontan a finais do s XV, e o Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, fundado en 1789. A maioría dos colexios profesionais galegos organízanse por provincias ou cidades; é o caso, entre outros, dos colexios de avogados, de médicos e de economistas. A relación que teñen entre eles os distintos colexios provinciais e locais levou á creación dunha institución que reunise a todos eles, como sucedeu, entre outros, nos colexios oficiais de aparelladores e arquitectos técnicos que se xuntaron no Consello Xeral de Arquitectura Técnica e nos colexios oficiais de enxeñeiros técnicos industriais unidos no Consello Galego de Enxeñería Técnica Industrial. Noutros casos, como sucede co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), existe unha sede central e delegacións nas principais cidades galegas. Outra situación é a dos psicólogos, o seu colexio é a delegación en Galicia do Colegio Oficial de Psicólogos con sede en Madrid, sen embargo, nos últimos anos, a dependencia dun colexio de ámbito estatal tende a modificarse coa creación de colexios de carácter autonómico, como sucedeu co Colexio de Xornalistas de Galicia, creado no ano 2000. Ademais das funcións propias dun colexio profesional, algún deles, como o COAG, leva a cabo un importante labor cultural.
-
colexio electoral
[POLÍT]
-
Conxunto de electores dunha mesma circunscrición electoral.
-
Lugar no que se reúnen os electores para votar.
-