1 coliforme

1 coliforme

(

  1. adx

    Que ten aspecto ou morfoloxía de colibacilo.

    1. adx

      Relativo ou pertencente aos coliformes.

    2. s m [MONERA]

      Bacteria do grupo dos coliformes.

    3. s m pl [MONERA]

      Grupo heteroxéneo de bacilos Gram-negativos de procedencia xeralmente intestinal e que, desde o punto de vista sanitario, teñen como carácter diferencial a fermentación da lactosa en menos de 48 horas, incubados a 37°C. Pertencen á familia das enterobacteriáceas e, concretamente, aos xéneros Escherichia, Aerobacter, Klebsiella e Citrobacter, que se diferencian pola serie de probas bioquímicas chamada IMVIC.

Palabras veciñas

colidir | colífago | coliflor | 1 coliforme | 2 coliforme | coliga | coligación