Colmenero
Colmenero
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe castelá que se asentou en Verín. As súas armas levan, en campo de azul, un león rampante, de prata, cunha espada atravesada na boca; no xefe, dous minguantes de prata. Outra variante trae, en campo de ouro, un oso da súa cor natural, rampante, cunha colmea nas mans; bordo en dúas ordes, axadrezado de ouro e prata.