colobrina
colobrina
(< lat colubra ‘cobra’)
-
s
f
[BÉL]
Antiga arma de fogo portátil que consiste nun canón unido por aneis a unha caixa que remata en punta. Empregouse na Península Ibérica a partir do s XV.
-
s
f
[BÉL]
Peza de artillería dos ss XVI e XVII de grande alcance. Está construída en bronce e o seu corpo ten un ancho de entre vinte e oito e trinta e tres bocas de fogo; exteriormente é troncocónica. Dispara balas de ferro cunha carga de pólvora do mesmo peso que o proxectil. Esta arma recibe tamén outros nomes como falconete, falcón ou media colobrina, segundo a cantidade de balas que poida lanzar.
-
s
f
[BÉL]
Cartucho de cartón reforzado con papel encolado e cheo de xofre, salitre, carbón e pólvora, que serve para encher a cabeza dos antigos foguetes de guerra.